Thursday 28 de March de 2024

O Concello de Padrón reclama que a cidadanía se conciencie sobre a adopción de mascotas


Esta mañá impartironse charlas de sensibilización para os escolares do CEIP Flavia// No Concello de Padrón actualmente hai un total de 21 animais abandoados agardando para ser adoptados

Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP Flavia do Concello de Padrón recibiron esta mañá unha charla de sensibilización por parte do equipo de Xestión Ética do Abandono (XEA), a empresa responsable de todos os animais que son abandoados neste municipio. As mensaxes que buscaban transmitir nestas sesións aos escolares poñen o foco, por unha banda, en que non se deben mercar mascotas, senos adoptar e, por outra banda, que os animais non son xoguetes, e se queres ter un debes estar moi seguro e saber que esixen que se lles adique tempo”.

Actualmente o Concello de Padrón coida a través de XEA a un total de 21 animais, que foron abandoados polas súas familias. Se ben, no último ano adoptaronse a un total de 44 mascotas do Concello de Padrón. Segundo os datos facilitados por esta compañía, no último ano houbo un certo incremento do abandono, que en moitas ocasións son animais que se perden e que os seus propietarios non buscan. Por iso, próximamente comenzará unha campaña para fomentar o microcenso. Un veterinario visitará as casas das aldeas para informar sobre os beneficios de ter rexistrados aos teus animais e facilitando a instalación do chip. Asemade, o Concello de Padrón faise responsable de todos os gastos derivados da adopción dunha mascota, tanto a instalación do chip como o custo do veterinario. O concelleiro de Protección Civil, Ángel Rodríguez, explicou que “é necesario que se adopten animais e que non se abandoe ningún máis, posto que mes a mes o Concello ten que destinar unha importante partida orzamentaria ao mantemento desta situación”.

Nas charlas de hoxe os nenos e nenas do CEIP Flavia aprenderon a importancia de escoller ás mascotas en función do seu carácter e da súa personalidade, para que se adapten ao noso estilo de vida e desfrutemos da súa compañía. Os expertos de XEA tamén puxeron o foco sobre o Nadal, posto que nestas datos é moi frecuente que os máis pequenos da casa pidan unha mascota como regalo, e uns meses máis tarde eses animais son abandoados. Para evitar estas situacións, dende esta empresa e outras asociacións decidiron non conceder ningunha adopción durante o Nadal.